xoves, 28 de novembro de 2019

CLUB DE CIENCIAS E ESPAZO MAKER

Hoxe sairon as listaxes definitivas dos centros admitidos para participar nos Programas de Club de Ciencias e Espazo Maker e noso centro foi seleccionado para os dous programas. É unha boa nova.
O Clube de Ciencias vai desenvolver actividades que teñen o espacio como tema principal. 
O Espazo Maker presentou un proxecto titulado: MOON, "unha historia alunizante". Diversos departamentos van realizar actividades, ao longo do curso, que teñen coma eixe común a chegada do home a Lúa.
O Departamento de Tecnoloxía vai participar nos dous programas. 










DRON DAY. "Aplicacións profesionais dos drons"

O mércores 27 de Novembro o alumnado de 2º de ESO participou no "Dron Day" no aeródromo de Rozas.
Aquí vai unha mostra fotográfica dese día.






xoves, 21 de novembro de 2019

DIVULGACIÓN DE CIRCUITOS DE ARDUINO E NEUMÁTICA DOS ALUMNOS DE 4º ESO TECNOLOXÍA

Os alumnos realizaron varias montaxes de electrónica e de neumática e fixeron unha sesión divulgativa para alumnos de 3º e 2º de ESO. 
Por unha banda pretendemos que os alumnos se acostumen a falar en público e se sintan orgullosos do seu traballo e por outra dar a coñecer o que facemos en 4º de ESO.








PROXECTO PEZAS DE XADREZ DE 1º BACHARELATO

Antonio Porto, profesor de debuxo técnico de 1º de Bacharelato, propúxome facer un proxecto conxunto, en concreto unhas pezas de xadrez. Na materia de Debuxo Técnico as debuxarían a man e en Tecnoloxía Industrial as deseñaríamos co programa Tinkercad e despois as imprimiríamos.
Cada alumno elexiu unha peza e fixo un deseño orixinal. Foron moi creativos e  iste foi o resultado





EXPOSICIÓN DE PROXECTOS CURSO 18-19

Os seguintes proxectos foron realizados polos alumnos de 2º e 3º de ESO. 
Nestos proxectos traballaron os contidos de traballo con madeira, mecanismos de transmisión e transformación de movementos e electricidade.








xoves, 14 de novembro de 2019

O NOSO BLOG

O Departamento de TECNOLOXÍA do Monte Castelo, está formado no curso 2019-2020 polos profesores: Mario Cuevas Allegue, Esperanza Pernas Villar e Loli Rivero González. 
Este blog nace coa intención de servir de plataforma de difusión do que imos facer cos nosos alumnos e alumnas.