domingo, 15 de novembro de 2020

STEM GIRL-2020

Girl Stem 2020 Dhaunae E Gisela

 DHAUNAE DE VIR naceu nos Ancares, pero actualmente reside entre Estocolmo, Madrid e
Londres traballando como desenvolvedora de negocio de proxectos transmedia para unha
empresa de videoxogos. Á parte da vertente de negocio, a súa experiencia no transmedia
abrangue deseño, produción e tradución de videoxogos, series, sitios web, xogos de rol e
outros formatos a varias linguas. Produciu proxectos exitosos na industria cinematográfica,
obtendo numerosos premios internacionais, incluíndo un premio BAFTA New Talent. O seu
primeiro proxecto profesional na industria dos xogos de rol converteuse no segundo proxectomáis financiado en España en todas as industrias.

Gisela Vaquero, traballou na industria dos videoxogos durante máis de cinco anos. É
licenciada en Comunicación Audiovisual, en Publicidade e Relacións Públicas e especializada
en deseño e guión de videoxogos. É fundadora de Jellyworld Interactive, una compañía que
busca mellorar a igualdade de xénero mediante os videoxogos; e Presidenta da Asociación
Women in Games España (WIGES).

Girl Stem 2020 Amparo Alonso

 Amparo Alonso Betanzos, naceu en Vigo o 10 de octubre do 1961 é una Enxeñeira Química
española, investigadora en intelixencia artificial. Catedrática e coordinadora do grupo de
investigación LIDIA (Laboratorio de I+D en Intelixencia Artificial) no departamento de
Ciencias da Computación da Facultade de Informática da Universidade da Coruña. Tamén
segue o seu labor investigador no Colexio Médico de Georgia (EEUU) e no departamento de
Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela. Foi a primeira española en recibir
o premio internacional L ́Oréal-UNESCO For Women in Science.