xoves, 28 de maio de 2020

PODCAST: Edison vs. Tesla

ENLACE AO PODCAST: Edison vs. Tesla

Traducción da introdución: 
 
"Dous auténticos xenios da ciencia e a tecnoloxía que se enfrontaron nas décadas de 1880 e 1890 por conseguir e rendibilizar unha enerxía eficaz e universal que impulsase ao mundo: o sistema de corrente alterna (CA) de  Tesla e a corrente continua (CC) de Edison. 
Falaremos da súa histórica rivalidade, dos seus incribles inventos, anécdotas, teimas, proxectos, excentricidades e tamén dalgunhas lendas como o “raio da morte” ou o seu intento de comunicación con outras realidades. Sen esquecernos da guerra das patentes, as aplicacións da electricidade no  cinematógrafo ou o seu uso como método de execución en cárceres estadounidenses ou para  electrocutar a unha elefanta. 
Contaremos coa presenza da nosa científica de cabeceira, Carmen Fernández, para que nos conte os pormenores desa “guerra das correntes” e os beneficios de cada unha delas, coas achegas de Juan Ignacio Custa, Carlos Canles, David  Sentinella e Jesús  Callejo. 
A sección da  WikiPepa recomendaranos algunhas películas relacionadas, sobre todo, coa vida de  Nikola  Tesla. 
E entre todos tentaremos dar máis LUZ a este apaixonante tema."

TECNÓPOLE-CAMPAMENTO ONLINE TECNOLÓXICO


O Parque  Tecnolóxico de Galicia - Tecnópole- vai impulsar o primeiro campamento tecnolóxico de verán  online de toda a comunidade, en colaboración coa Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia
 
ENLACE A TECNÓPOLE

ALGÚNS TRABALLOS FEITOS POLOS ALUMNOS DE TECNOLOXÍA INDUSTRIAL I



DAVID FIXO ESTE DESEÑO DE  LOGO PARA O MAKER 

imagen.png