xoves, 2 de xullo de 2020

COHETES DE 2º DE ESO

O alumnado de 2º de ESO levaron a cabo o deseño e construcción de cohetes movidos por auga xunto coa profesora Esperanza.
Enmárcase dentro dos proxectos do Clube de Ciencias e maker.




CUBO SOMA DE 3º DE ESO

O alumnado de 3º de ESO xunto co seu profesor Mario realizaron o deseño en Tinkercad  e posterior impresión 3D dun CUBO SOMA.
Debido as circunstancias especiais deste curso os proxectos non se puideron desenvolver como tiñamos pensado pero polo menos salvamos o cubo que quedou moi ben.



mércores, 17 de xuño de 2020

TRABALLOS SOBRE PRODUTOS INDUSTRIAIS DOS ALUMNOS DE 1º BAC DE TECNOLOXÍA INDUSTRIAL I


Aos alumnos de Tecnoloxía Industrial I se lles propuxo que buscaran información sobre: 

-Produtos industriais sobre os que non soemos reparar para investigalos pola súa sencillez pero amplamente empregados a nivel mundial e normalmete moi económicos.
-Produtos máis complexos e non tan empregados nin tan baratos como os anteriores e sobre os que deberían facer unha mellora.

Posteriormente deberían facer un traballo e expoñelo na plataforma Webex durante a última sesión semanal de clase.

  • Cinco alumnos elexiron facer traballos sobre produtos industriais existentes no mercado e que sexan ampliamente empregados e coñecidos.
  • Unha alumna sobre un produto existente e mellorable.
  • Un alumno sobre un prototipo novedoso de motocicleta. 

Aquí van os enlaces: 

Traballo de Victor e Diego.

Traballo de Samuel e Mateo.

Traballo de Iván. 

Traballo de Carla.
 
Traballo de David-1ª parte.

Traballo de David-2ª parte.
 




sábado, 6 de xuño de 2020

JAMES DYSON

   

James Dyson é un inventor e enxeñeiro de deseño industrial británico que creou un imperio a partir da invención da aspiradora sen bolsa Dual Cyclone, que funciona según o principio da separación ciclónica. 

James Dyson, el milmillonario pro Brexit, se lleva su empresa a ...

 

ENLACE A UNHA ENTREVISTA EXPLICANDO O SEU INVENTO


Creador da iniciativa "James Dyson Award" que é  un concurso que ofrece a oportunidade de abrirte camiño como inventor.

ENLACE A James Dyson Award





"Los jóvenes ingenieros de diseño tienen la capacidad de desarrollar tecnologías concretas que pueden cambiar vidas. El James Dyson Award premia a aquellos que demuestran perseverancia y determinación a la hora de desarrollar sus ideas".
James Dyson
Una imagen de James Dyson


Aparecen unha galería de proxectos moi interesantes na páxina. 

 

Enlace aos proxectos

 

  

 

 

 

 

 

xoves, 28 de maio de 2020

PODCAST: Edison vs. Tesla

ENLACE AO PODCAST: Edison vs. Tesla

Traducción da introdución: 
 
"Dous auténticos xenios da ciencia e a tecnoloxía que se enfrontaron nas décadas de 1880 e 1890 por conseguir e rendibilizar unha enerxía eficaz e universal que impulsase ao mundo: o sistema de corrente alterna (CA) de  Tesla e a corrente continua (CC) de Edison. 
Falaremos da súa histórica rivalidade, dos seus incribles inventos, anécdotas, teimas, proxectos, excentricidades e tamén dalgunhas lendas como o “raio da morte” ou o seu intento de comunicación con outras realidades. Sen esquecernos da guerra das patentes, as aplicacións da electricidade no  cinematógrafo ou o seu uso como método de execución en cárceres estadounidenses ou para  electrocutar a unha elefanta. 
Contaremos coa presenza da nosa científica de cabeceira, Carmen Fernández, para que nos conte os pormenores desa “guerra das correntes” e os beneficios de cada unha delas, coas achegas de Juan Ignacio Custa, Carlos Canles, David  Sentinella e Jesús  Callejo. 
A sección da  WikiPepa recomendaranos algunhas películas relacionadas, sobre todo, coa vida de  Nikola  Tesla. 
E entre todos tentaremos dar máis LUZ a este apaixonante tema."

TECNÓPOLE-CAMPAMENTO ONLINE TECNOLÓXICO


O Parque  Tecnolóxico de Galicia - Tecnópole- vai impulsar o primeiro campamento tecnolóxico de verán  online de toda a comunidade, en colaboración coa Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia
 
ENLACE A TECNÓPOLE

ALGÚNS TRABALLOS FEITOS POLOS ALUMNOS DE TECNOLOXÍA INDUSTRIAL I



DAVID FIXO ESTE DESEÑO DE  LOGO PARA O MAKER 

imagen.png