mércores, 17 de febreiro de 2021
domingo, 15 de novembro de 2020
STEM GIRL-2020
Girl Stem 2020 Dhaunae E Gisela
DHAUNAE DE VIR naceu nos Ancares, pero actualmente reside entre Estocolmo, Madrid e
Londres traballando como desenvolvedora de negocio de proxectos transmedia para unha
empresa de videoxogos. Á parte da vertente de negocio, a súa experiencia no transmedia
abrangue deseño, produción e tradución de videoxogos, series, sitios web, xogos de rol e
outros formatos a varias linguas. Produciu proxectos exitosos na industria cinematográfica,
obtendo numerosos premios internacionais, incluíndo un premio BAFTA New Talent. O seu
primeiro proxecto profesional na industria dos xogos de rol converteuse no segundo proxectomáis financiado en España en todas as industrias.
Gisela Vaquero, traballou na industria dos videoxogos durante máis de cinco anos. É
licenciada en Comunicación Audiovisual, en Publicidade e Relacións Públicas e especializada
en deseño e guión de videoxogos. É fundadora de Jellyworld Interactive, una compañía que
busca mellorar a igualdade de xénero mediante os videoxogos; e Presidenta da Asociación
Women in Games España (WIGES).
Girl Stem 2020 Amparo Alonso
Amparo Alonso Betanzos, naceu en Vigo o 10 de octubre do 1961 é una Enxeñeira Química
española, investigadora en intelixencia artificial. Catedrática e coordinadora do grupo de
investigación LIDIA (Laboratorio de I+D en Intelixencia Artificial) no departamento de
Ciencias da Computación da Facultade de Informática da Universidade da Coruña. Tamén
segue o seu labor investigador no Colexio Médico de Georgia (EEUU) e no departamento de
Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela. Foi a primeira española en recibir
o premio internacional L ́Oréal-UNESCO For Women in Science.
domingo, 4 de outubro de 2020
COMEZAMOS
Ola tecnólogos!
Informarvos que estaremos os mesmos profes que no curso pasado:
Mario, Esperanza e Loli.
Vai ser un curso complexo e cheo de incertidume pero todo vai sair ben
e nos seguiremos ilusionando coa tecnoloxía.
xoves, 2 de xullo de 2020
COHETES DE 2º DE ESO
Enmárcase dentro dos proxectos do Clube de Ciencias e maker.
mércores, 17 de xuño de 2020
TRABALLOS SOBRE PRODUTOS INDUSTRIAIS DOS ALUMNOS DE 1º BAC DE TECNOLOXÍA INDUSTRIAL I
Aos alumnos de Tecnoloxía Industrial I se lles propuxo que buscaran información sobre:
-Produtos industriais sobre os que non soemos reparar para investigalos pola súa sencillez pero amplamente empregados a nivel mundial e normalmete moi económicos.
-Produtos máis complexos e non tan empregados nin tan baratos como os anteriores e sobre os que deberían facer unha mellora.
Posteriormente deberían facer un traballo e expoñelo na plataforma Webex durante a última sesión semanal de clase.
- Cinco alumnos elexiron facer traballos sobre produtos industriais existentes no mercado e que sexan ampliamente empregados e coñecidos.
- Unha alumna sobre un produto existente e mellorable.
- Un alumno sobre un prototipo novedoso de motocicleta.
Aquí van os enlaces:
Traballo de Victor e Diego.
Traballo de Samuel e Mateo.
Traballo de Iván.
Traballo de Carla.
Traballo de David-1ª parte.
Traballo de David-2ª parte.
-
Aos alumnos de Tecnoloxía Industrial I se lles propuxo que buscaran información sobre: -Produtos industriais sobre os que non soemos r...
-
Como xa é tradición, o noso Departamento visita o IES Perdouro para coñecer a oferta educativa. Aquí vai unha mostra fotográfica.
-
Juan Pedro Ortiz foi o ponente da charla e posterior taller sobre elaboración de modelos 3D e escaneado en 3D con tablet ou teléfono. ...


