mércores, 19 de maio de 2021

ENTREGA DOS CHAVEIROS CO LOGO MAKER DE DAVID PARA OS ALUMNOS DE 2º DE BAC

Neste curso tivemos a gran sorte de ter uns alumnos marabillosos en Tecnoloxía Industrial e Electrotecnia.
Despedimos a un grupo magnífico, tanto no curricular coma no persoal. 
Moi boa sorte nesta nova etapa e moitas gracias!!!



**Fáltanos nas fotos Iván.

 

martes, 27 de abril de 2021

OFERTA EDUCATIVA DO IES PERDOURO EN 3º DE ESO

 A profesora do ciclo de electrotecnia, Marga, estivo no noso centro para achegarnos o mundo da electrónica.

 Foi unha experiencia moi lúdica ao mostrarnos unha serie de aparellos que fan no ciclo.

Aquí vai unha mostra fotográfica.












domingo, 15 de novembro de 2020

STEM GIRL-2020

Girl Stem 2020 Dhaunae E Gisela

 DHAUNAE DE VIR naceu nos Ancares, pero actualmente reside entre Estocolmo, Madrid e
Londres traballando como desenvolvedora de negocio de proxectos transmedia para unha
empresa de videoxogos. Á parte da vertente de negocio, a súa experiencia no transmedia
abrangue deseño, produción e tradución de videoxogos, series, sitios web, xogos de rol e
outros formatos a varias linguas. Produciu proxectos exitosos na industria cinematográfica,
obtendo numerosos premios internacionais, incluíndo un premio BAFTA New Talent. O seu
primeiro proxecto profesional na industria dos xogos de rol converteuse no segundo proxectomáis financiado en España en todas as industrias.

Gisela Vaquero, traballou na industria dos videoxogos durante máis de cinco anos. É
licenciada en Comunicación Audiovisual, en Publicidade e Relacións Públicas e especializada
en deseño e guión de videoxogos. É fundadora de Jellyworld Interactive, una compañía que
busca mellorar a igualdade de xénero mediante os videoxogos; e Presidenta da Asociación
Women in Games España (WIGES).

Girl Stem 2020 Amparo Alonso

 Amparo Alonso Betanzos, naceu en Vigo o 10 de octubre do 1961 é una Enxeñeira Química
española, investigadora en intelixencia artificial. Catedrática e coordinadora do grupo de
investigación LIDIA (Laboratorio de I+D en Intelixencia Artificial) no departamento de
Ciencias da Computación da Facultade de Informática da Universidade da Coruña. Tamén
segue o seu labor investigador no Colexio Médico de Georgia (EEUU) e no departamento de
Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela. Foi a primeira española en recibir
o premio internacional L ́Oréal-UNESCO For Women in Science. 

 

 

 

 

domingo, 4 de outubro de 2020

COMEZAMOS

 

Ola tecnólogos!

Informarvos que estaremos os mesmos profes que no curso pasado:

 Mario, Esperanza e Loli. 

Vai ser un curso complexo e cheo de incertidume pero todo vai sair ben 

e nos seguiremos ilusionando coa tecnoloxía.





xoves, 2 de xullo de 2020

COHETES DE 2º DE ESO

O alumnado de 2º de ESO levaron a cabo o deseño e construcción de cohetes movidos por auga xunto coa profesora Esperanza.
Enmárcase dentro dos proxectos do Clube de Ciencias e maker.